miércoles, 9 de diciembre de 2020

jueves, 5 de noviembre de 2020

sábado, 31 de octubre de 2020

miércoles, 28 de octubre de 2020

TAREFA NA AULA VIRTUAL. ELABORACIÓN DUN MAPA CONCEPTUAL

A tarefa consiste na realización dun mapa conceptual sobre un texto que se adxunta ao final. 

QUE É UN MAPA CONCEPTUAL?
A finalidade desta ferramenta de estudo é a de ordenar graficamente e por orden de importancia os conceptos ou ideas dun tema ou dun texto e integralos a través dunha relación xerárquica entre eles.

EXEMPLOS SINXELOS (preme aquí)


QUE PASOS SEGUIR PARA FACER UN MAPA CONCEPTUAL?
1. Trátase de compoñer enunciados a través da conexión entre os conceptos ou ideas dun texto ou dun tema.
2. Le con atención o texto. Subraia os conceptos que che parezan máis importantes .
3. Fai un borrador gráfico para representar a relación entre os conceptos.
Cada concepto debe figurar nunha cela (rectángulo ou óvalo). Os conceptos non poden repetirse.
As celas que conteñen conceptos únense mediante liñas con conectores (enlaces). As liñas que unen as celas teñen que ter algún texto que as conecte. Por exemplo: divídese en, clasifícase en, están enfrontados, é un...
Os conceptos deben ordenarse segundo unha xerarquía: os conceptos máis xerais arriba e os menos importantes abaixo.
Unha vez que estean feitos os dous mapas conceptuais tentade derivar ámbolos dous dun concepto común superior. Podedes axudarvos do índice dos apuntamentos.

QUE RECURSOS DE SOFTWARE podes utilizarpara realizar mapas conceptuais:

  1. CANVA.COM (unha atractiva e potente aplicación online para facer infografías moi variadas, con moitos recursos á disposición do usuario libre. O inconvinte é que hai que rexistrarste)
  2. Bubbl-us (on line) + videotitorial
  3. CMAPS (descarga gratuíta do mellor programa de creación de mapas conceptuais) + videotitorial
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 

Á hora de avaliar e cualificar a tarefa terei en conta os seguintes aspectos:

  1. A presentación formal (que o mapa presente unha ordenación que sexa visualmente atractiva, que tanto as celas como os conectores estean formalmente ben construídos e que non haxa faltas de ortografía). 2/5 puntos.
  2. O contido. Que se recollan os conceptos fundamentais do texto e que se ordenen xerarquicamente (de máis a menos importancia) a través dos conectores . Valorarse excepcionalmente a existencia de conexións cruzadas (entre conceptos que non están no mesmo nivel e columna).  3/5 puntos.

viernes, 23 de octubre de 2020

QUEN NON COIDA A NATUREZA. A MENTIRA DO PLÁSTICO.

Nada é o que parece. E menos nos medios de comunicación e especialmente na publicidade, un disfraz que utilizan as grandes corporacións económicas para aparentar unha cara amable e disposta sempre ao servizo da cidadanía. E parece tamén que a cidadanía actúa como se esta apariencia fose a verdadeira realidade. Hai algo de esquizofrénico en todo isto. Dámos por sentadas unhas mentiras que persuasivamente repetidas presentansenos como verdades ante a nosa propia (e falsa) conciencia. Parece que non somos quen de admitir verdades desagradables que teñen que ver co abandono da responsabilidade social cara ao coidado do medio ambiente, do ecosistema local e planetario no que vivimos nun contexto de crise ecolóxica global. Entre tanto, hai organizacións independentes que, como Greempeace, siguen a batallar contra o poder destrutivo e mediático das grandes empresas que teñen como único fin a búsqueda do máximo beneficio económico, a calquer prezo. Neste caso, presentamos unha campaña que ten que ver coa mentira da reciclaxe de plástico e contra os intereses económicos que están detrás d lataforma de reciclaxe Ecoembes


lunes, 13 de abril de 2020

ACTIVIDADES ONLINE II / 20 ABRIL

Ola, benquerido alumnado de filosofía. Déixovos aquí un breve videotitorial para que poidades acceder á nova ferramenta para a realización das actividades. Trátase de CLASSROOM, unha aplicación de Google que me vai permitir ter organizar mellor a recepción das vosas tarefas. 


A partir de agora, se así vos parece, irei propoñendovos algunha tarefa semanal coidando non exceder a vosa carga de traballo. A través da aplicación da que vos falo poderedes facer os comentarios que vos pareza e expresar as vosas suxestións. Anímovos a iso.
A primeira tarefa que ides enviarme vai ter como prazo unha semana: LUNS, 20 DE ABRIL.

miércoles, 12 de febrero de 2020

HÉCTOR-BALAM / FISURA

E seguimos nestes marabillosos martes estético-filosóficos. E desta vez non nos visitou un artista de fóra. Para que se o temos na aula? Héctor Lamas falounos das razóns que o levaron á creación, falou de música, de rimas, de amigos, de ilusións, do proxecto colectivo no que participa. E contestou ás preguntas que foron xurdindo nestes intres tan calmos e de tanto interese logo de facer o visionado desta peza que nos descobre a un novo artista da casa. Por sempre, Héctor.



martes, 28 de enero de 2020

MULLERES POLA PAZ.



Amira  Hass é unha xornalista israelí e xudía que escribe sobre os palestinos que viven nos campos de refuxiados, sobre as restricións ao movemento ou a importación de alimentos nos territorios palestinos e sobre os atacantes suicidas e as súas familias.

Enlace para a elaboración dunha tarefa voluntaria
Resultado de imaxes para AMIRA HASS
Un día de setembro de 1997, tres mozos palestinos inmoláronse nunha concorrida rúa do centro de Xerusalén. No ataque kamikaze morreron cinco israelís, incluíndo tres nenas de 14 anos.  Elhanan era a nai dunha delas e a partir dese momento decidiu transformar a súa dor en activismo.




AMIRA HASS, UNHA ISRAELÍ ENTRE PALESTINOS


O medio para o que escribe  Amira é  Haaretz, trátase do xornal israelí máis liberal nun país que virou fortemente á dereita, onde quen non comulgan coa liña dominante de opinión sobre temas como a seguridade ou as colonias en terras palestinas son tachados de  antipatrióticos. Esta xornalista realiza reportaxes de denuncia social.

Noticias israelís para palestinos nas que mostra unha realidade que poucos se atreven a ver. Aínda que moitos israelís detéstana, e a pesar de que foi arrestada en varias ocasións,  Hass tamén é unha muller respectada por altos cargos políticos debido ao labor profesional que desempeña: non só conta as desgrazas que ocorren senón que as vive para poder contalas en primeira persoa.  Amira  Hass foi galardoada co premio UNESCO á Liberdade de Prensa.

Resultado de imaxes para NURIT PELED-ELHANANNURIT PELED-ELHANAN E A UNIÓN DAS FAMILIAS AFRIXIDAS

Esta israelí creou o Foro de Familias  Afligidas, que agrupa a máis de 500 familias israelís, palestinas, xudías, musulmás, laicas e ortodoxas que cren que a represión non é unha resposta adecuada á violencia e loitan pola paz nos Territorios Palestinos.

A súa  inciciativa implica inculcar o respecto por todas as culturas e impedir que a dor polas mortes causadas por atentados convértase en razón de inimizade. Por iso, este grupo de pais e nais organizan seminarios e charlas para concienciar á poboación. Lograron crear incluso unha emisora de radio e un programa de televisión nos que contan historias reais vividas polos membros do Foro.

“Cremos que a maternidade, a paternidade e o desexo de salvar aos nenos que están vivos son os únicos denominadores comúns que van máis aló da nacionalidade, a raza e a relixión”, escribiu  Nurit no seu ensaio Os pais  afligidos pola paz.

viernes, 17 de enero de 2020

HUMANO, TRANSHUMANO E POSTHUMANO

Velaquí algún recurso accesible na rede para que vos fagades unha idea básica dos problemas filosóficos que se están a plantexar no uso social das novas tecnoloxías. Este é tan só un deles.

Breve texto introdutorio
Artigo: Retos dun futuro posthumano





Este vídeo serve de introdución ás cuestións relacionadas co uso de técnicas xenéticas, médicas e informáticas que operan sobre a nosa herdanza biolóxica con consecuencias sobre o noso papel como especie dentro do Planeta e sobre as relacións tamén entre os seres humanos:
  • Podemos alterar a evolución da vida e en xeral de todas as especies?
  • Podemos modificar ao noso antollo os rasgos humanos?
  • Quen teña poder de alterar a vida humana debe facelo?
  • Cres que hai algún límite?
  • Se puideramos volcar un cerebro humano nun sistema informático e volcalo nun ser artificial, podería seguir considerándose humano?.....
  • A que responde o desexo humano desta transhumanidade?
  • Que consecuencias podería ter a posthumanidade?
Deixo dous breves vídeos, un sobre o termo TRANSHUMANISMO e outro sobre POSTHUMANISMO, reflexión sobre a trama dun video xogo que plantexa interesantes preguntas.


HUMANISMO, TRANSHUMANISMO E POSTHUMANISMO