TAREFA 4 COLABORATIVA PUBLICIDADE

A PUBLICIDADE COMO AXENTE DE SOCIALIZACIÓN EN VALORES.


Formato dixital impreso. Debe incluir os anuncios orixinais extraídos de revistas.

1. TRABALLO COLABORATIVO DE LECTURA DE IMAXE PUBLICITARIA.

 A tarefa consite na realización dun traballo de lectura crítica de imaxe publicitaria. 
  • O grupo constará de 3 persoas.
  • Formato de entrega: impresión dixital do texto acompañado das imaxes publicitarias orixinais que serán extraídas de revistas. É moi importante que o anuncio non sexa modificado, cortado ou alterado en ningunha das súas partes.
  • Debe contar con un mínimo de oito anuncios.
  • É fundamental utilizar a táboa de criterios de avaliación e cualificación que figura a continuación e que utilizarei como guía para cualificar o traballo de investigación. 
Criterios de avaliación e cualificación.
RECURSOS DE OBRIGADA CONSULTA
  1. Ficha inicial
  2. Instrucións e partes do traballo
  3. Elementos dun anuncio publicitario estático
  4. Os valores morais nos anuncios
  5. Os estereotipos na publicidade
  6. Estratexias publicitarias 
  7. Psicoloxía da cor na publicidade
  8. Planos, encadres e angulación ou PDF
RECURSOS COMPLEMENTARIOS