lunes, 3 de mayo de 2021

Unha película filosófica. DESAFÍO TOTAL, de Paul Verhoeven

Como preámbulo do tema que nos vai ocupar a continuación imos adicar dúas ou tres sesións ao visionado desta maxistral, aínda que violenta, película do director holandés Paul Verhoeven. Para min é unha das miñas favoritas, a pesar de que o protagonista sexa o musculoso Schwarzenegger e de que a longametraxe estea chea de escenas visualmente desagradables.

A cinta, basada nunha novela do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick "Podemos recordalo por vostede ao por maior",  é unha declaración de intencións políticas, unha denuncia en toda regra do capitalismo, da súa codicia e do afán de manipular as conciencias a través do control dos medios, mais tamén unha lección de filosofía que fala dun tema clásico na historia da cultura e que trataron despois outras películas do xénero que non son máis que os precedentes dalgún capítulo de Black Mirror, por exemplo. A cuestión de fondo é a imposibilidade de distinguir a realidade da ficción, o soño da vixilia, como diría aló polo século XVII o filósofo racionalista francés, René Descartes.