sábado, 24 de noviembre de 2018

TAREFA 2

TAREFA 2. INDIVIDUAL

ELABORACIÓN DE MAPAS CONCEPTUAIS. 
LUNS, 10 DE DECEMBRO
Impresión dixital (EN ESCALA DE GRISES)

CONSULTADE AS INSTRUCIÓNS NO MENÚ SUPERIOR.

lunes, 12 de noviembre de 2018

lunes, 22 de octubre de 2018

VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA 2018

TEMA 

REALIDADE E APARIENCIA NO MUNDO ACTUAL
O tema é común a todas as modalidades. Todas versarán sobre o mesmo tema en diferentes formatos.
A olimpíada estatal, propón uns subtemas como orientación para traballar co alumnado:
   - Hai unha única realidade?
   - Hai realidade sen apariencia?
   - É real o que é aparente, e é aparente o que é real?
   - Podemos coñecer a realidade ou só coñecemos as apariencias?
   - Podemos crer nos feitos no mundo actual?
   - Cales son as fronteiras entre a realidade e apariencia hoxe?
   - É a posverdade a nova realidade?
   - Podemos coñecer a realidade nun mundo de fake news e posverdade?
   - Realidade virtual: realidade ou apariencia?
   - É máis relevante para a vida a realidade virtual que a realidade material?
   - Hai maneira de distinguir entre realidade e apariencia nas redes sociais?
   - Os nosos perfís nas redes; son meras apariencias?
   - Novas cavernas do mundo actual: buscamos a realidade ou fuximos dela?
   - Preferimos a apariencia ao lado problemático da realidade? Por que?
   - Vivimos dentro ou fóra da caverna?
   - A apariecia sempre engana?
   - Fainos a apariencia máis sensible á realidade?
   - Liberan ou escravizan as apariencias?
   - Que é máis importante para a nosa vida, a nosa apariencia ou o que realmente somos?


MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN

Disertación Filosófica: Destinada ao alumnado de BACHARELATO, a proba consistirá en elaborar unha disertación que terá unha extensión máxima de catro páxinas, en forma dunha reflexión persoal argumentada sobre o tema da Olimpíada.

Certame fotográfico: Dirixido tanto para o alumnado de 3º, 4º de E.S.O como de BACHARELATO, consistirá en reflectir ideas filosóficas a través dunha composición fotográfica realizada ex professo para a Olimpíada, que pode ou non ter sido sometida a programas de tratamento de imaxe. A imaxe debe conter un lema integrado dacordo co tema da fotografía deste ano da Olimpíada.
​FORMATO JPEG / DIMENSIÓNS A3 / FRASE INSERIDA NA FOTOGRAFÍA.


Curta de vídeoDirixido tanto para o alumnado de 3º, 4º de E.S.O como de BACHARELATO.
    
 - Consistirá en elaborar, tamén expresamente para ser presentada na Olimpíada, unha curtametraxe de autoría propia expresando en linguaxe audiovisual ideas filosóficas. 
     - A autoría pode ser individual ou colectiva (nesta última deberá nomearse un ou unha única representante, que será, no caso de resultar gañadora, quen represente a Galicia na Olimpíada estatal). 
     - A obra deberá durar un máximo de 5 min.
     - Tanto no video como na canle de youtube ao que se suba o video  non debe figurar ningún dato que identifique o autor ou a autora, e o nivel ou o centro de ensino. Si, en cambio, débese incorporar unha referencia final á súa presentación á Olimpíada e se faga constar así mesmo o dereito de utilización de todo canto non sexa de autoría propia, como música, imaxes ou fragmentos de vídeo. Os recursos dixitais, música, imaxe deben  ser de autoría propia ou recursos de creative commos (libres de dereito). Deixámosvos a web do buscador: https://search.creativecommons.org
     - As curtas débense poder visualizar en liña para o que se require a súa publicación en  Youtube para facilitar o sistema de votación na Olimpíada.

· A lingua dos textos e parlamentos será o galego, agás exención debidamente xustificada no caso das disertacións e dilemas morais


 PREMIOS

· Unha ou un autor ou autora de cada modalidade que se inclúe na Olimpíada Galega, e tamén na Olimpíada Estatal,  ofreceráselles a posibilidade de participar nela en representación da Olimpíada Galega, coa viaxe e os gastos pagados.
. As/os gañadores da Olimpíada Filosófica de Galicia que irán a Olimpíada Estatal serán as/os que acaden os primeiros postos, sendo posible que acodan tamén as/os que acaden os segundos postos, dependendo o número de centros que se presenten na comunidade.
. Todos os participantes e todas as participantes recibirán un diploma acreditativo de participación na Olimpíada Filosófica de Galicia.
· Os premios poderanse considerar desertos se se considera que os traballos presentados carecen da calidade mínima requirida.

martes, 16 de octubre de 2018

Para pensar 2

“...se un home atopa a unha muller virxe non desposada, a agarra e xace con ela e foran sorprendidos, o home que xaceu con ela dará ao pai da xoven cincoenta siclos de prata e ela será a súa muller”.
A Biblia. Deuteronomio, 22, 28-29.

sábado, 13 de octubre de 2018

CON SUMA FELICIDADE

O consumismo como forma de vida.
Razones y consecuencias de poseer 300.000 objetos Martín Caparrós. Xornalista e escritor. El País.