martes, 31 de diciembre de 2019

ENCONTRO CO EQUIPO TERAPÉUTICO DE MONTERROSO

Descubrir que tras as paredes do cárcere e dos ecos estereotipados que escoitamos a través dos medios se agochan seres humanos sensibles e intelixentes que, tras unha azarosa e autodestrutiva vida, deciden valentemente poñer rumbo ás súas vidas é unha das experiencias máis instrutivas e singularmente humanas que podemos disfrutar no eido escolar.
Nesta ocasión, xusto antes do remate do primeiro trimestre, persoas reclusas e funcionariado acompañante, o alumnado de primeiro de bacharelato e un reducido grupo de segundo ( Psicoloxía) asistiron a este encontro que se prolongou durante máis de dúas horas e cuxos protagonistas foron Emilio, Pedro, Bienve e Diego. A súa singular e emocionada testemuña foi complementada coa experiencia profesional do funcionariado acompañante. Esta actividade é, sen lugar a dúbidas, a que máis expectación crea e a que máis reflexións e emocións suscita.


domingo, 8 de diciembre de 2019

ANA GESTO. PERFORMANCE EN OSLO (NORUEGA)


Performance by Ana Gesto Pao Festival 2019. Oslo ROM Kunst+Arkitektur Video by Margarida Paiva 29.11-01.12.2019

martes, 3 de diciembre de 2019

CALENDARIO DE TRABALLO

Imaxe relacionada
MÉRCORES, 11 de Decembro. 
cuestionario de contidos + proba de lectura crítica de imaxe.

MÉRCORES, 8 de Xaneiro.  
recollida de traballos de análise crítica de catálogos de xoguetaría.

VENRES, 24 de Xaneiro. 
recollida de traballos de lectura crítica de imaxe publicitaria.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

OBRADOIRO DE PERFORMANCE. SEGUNDA SESIÓN

Nesta ocasión, en sesións de mañá e tarde, experimentamos cos elementos da acción performática (materiais, presenza, tempo, espazo, símbolo, contexto) a través de dinámicas interactivas e intercambio de ideas para írmonos preparando para a acción colectiva que desenvolveremos o vindeiro día 21 de novembro.

Galería de imaxes






Tamén vos deixo o enlace para acceder á galería de fotos do 
Concurso de relatos e concerto do Samaín.

lunes, 4 de noviembre de 2019

jueves, 31 de octubre de 2019

OBRADOIRO DE PERFORMANCE

Ana Gesto fai unha breve reseña sonora das actividades desenvolvidas nas dúas primeiras sesións do Obradoiro de Performance

Se queredes botarlle unha ollada ás fotos do Obradoiro, premede no enlace.

Se queredes botarlle unha ollada a esta web (se o inglés é un problema podedes premer o botón dereito do rato e que sexa el quen traduza -rato de biblioteca, deduzo-).
Performance Art Collage

lunes, 23 de septiembre de 2019

A MEMORIA SUMERXIDA

Documental sobre a inmigración cara España e as súas tráxicas consecuencias. Fundamentación ética e política das estratexias migratorias europeas.

martes, 17 de septiembre de 2019

ENSAIOS FILOSÓFICOS

Quincenalmente deberedes elaborar unha redacción persoal sobre os temas ou pistas temáticas que se relacionan máis abaixo. Penso que a mellor maneira de achegarse á filosofía é tomando contacto coa historia do pensamento (occidental) en pequenas doses, claro está, pero tamén exercitando o voso pensamento crítico e a vosa redacción. Hai lugar, como non, para o humor, a ironía e incluso a sátira. Non vos cortedes, expresade as vosas reflexións con sinceridade e valentía, mais, iso si, procurando falcelo con respecto. Esta é a norma fundamental deste xogo compartido. Digo compartido porque as vosas creacións serán lidas diante do grupo e tamén valoradas en función duns criterios mínimos que se recollen nunha táboa que se engade tamén a continuación.


Formato de entrega:

  • Os textos deberán ser editados en formato dixital e gardados nunha carpeta persoal.
  • O tamaño de letra non pode ser superior a 12 ppp
  • Para a lectura pública deberán ser impresos e entregados posteriormente ao profesorado.
Pistas temáticas e cronoloxía:

DATA DE ENTREGA
TEMA
OBSERVACIÓNS
VENRES, 20  de setembro
HAI DEUS OU NON HAI NADA?
OS MEDOS

  15 de outubro
QUEN SON? QUEN SEREI?
  de outubro
POR QUE? enlace web

1 de novembro
OS MEDOS
HAI DEUS OU NON HAI NADA?
Enlace a un artigo xornalístico
15 de novembro
EU, O GRUPO, A TRIBO
O poder do grupo
29 de novembro
O PORQUÉ DO POR QUE
enlace web

13 de decembro
MUNDO FAKE?
Enlace a un artigo xornalístico


Criterios para a súa avaliación:

CONTIDO
 1 ou 0
A composición resultou interesante para a audiencia e foi orixinal.
Tivo profundidade psicolóxica
A exposición foi clara e sigueu unha orde lóxica. (presentación, tratamento, peche)
LINGUAXE
Usouse unha linguaxe correcta e clara.
O volumen de voz foi o adecuado.
A velocidade foi adecuada.
Os xestos e a postura corporal foron os adecuados.
Estableceuse contacto visual coa audiencia.
Usáronse apoios gráficos durante a exposición.
usáronse recursos para chamar la atención da audiencia (cambios de ton, preguntas, repeticións…)
PUNTUACIÓN TOTAL

miércoles, 19 de junio de 2019

A EXPERIENCIA ESTÉTICA: O PROCESO CREATIVO


Hoxe, na aula de filosofía, tivemos un convidado especial. Chámase Camilo Seira e vive en Rois.
Camilo foi alumno do noso centro antes de formarse como artista, primeiro na Escola de Artes Aplicadas Mestre Mateo de Santiago e logo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Vive da escultura, o cal quere dicir que, aparte da súa intelixencia e sensibilidade, debe posuir unha rexa vontade, un pulo vocacional que xustifique esta actitude arriscada de vivir da cración artística hoxendía en Galicia.

 Veu a conversar connosco sobre cuestións intimamente relacionadas coa experiencia estética e os procesos creativos, como xurden, como se materializan, como se distribúen... Trouxo con el unha morea de blocs para que puidéramos consultar os seus cadernos de bitácora. Dixo que era artista as vintecatro horas do día, ás veces quitándolle ao sono. E tamén nos achegou unha peza en madeira para que puidéramos comprender os seus rasgos formais e comunicativos. Unha clase de arte que soubo a pouco, a verdade.

O balanzo desta experiencia piloto foi moi positivo e posiblemente esta sexa o prólogo dun proxecto que habemos desenvolver o curso vindeiro e que tentará implicar ás persoas artistas da comarca.

domingo, 7 de abril de 2019

EXTRA, EXTRA

Menores en riesgo de convertirse en adictos

Uno de cada diez gallegos entre 12 y 18 años que juega diariamente a videojuegos presenta síntomas de adicción. Lo afirma un estudio de Psicoloxía de la USC

Titular de La Voz de Galicia, 7 de abril de 2019

    Resultado de imagen de ADICCION VIDEOJUEGOS


1. DATOS SOBRE ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS NA ADOLESCENCIA EN GALICIA

lunes, 25 de febrero de 2019

VISITA AO MUSEO DA EVOLUCIÓN E XACEMENTOS DE ATAPUERCA


Durante os días 21 e 22 de febreiro estivemos de viaxe. Case todo o alumnado de Primeiro de bacharelato tivo a oportunidade de visitar o Museo da Evolución Humana de Burgos e os xacementos paleoantropolóxicos da Trincheira, na Serra de Atapuerca. Neste enclave, hoxe Patrimonio Mundial da Humanidade, puidemos tomar contacto coa complexa tarefa de investigación das nosas orixes, cos seus achádegos máis importantes e cos seus métodos de investigación. A Serra de Atapuerca foi durante miles de anos un ecosistema onde viviron diferentes especies de humanos que conforman a nosa parentela máis remota: Homo antecessor, Homo Heildelberguensis, Homo Neanderthalis e Homo Sapiens viviron aquí e deixaron pegadas que hoxe a ciencia paleoantropolóxica quere desentrañar.

domingo, 17 de febrero de 2019

Foto colectiva do Equipo terapéutico do Centro Penitenciario Monterroso, persoas reclusas e funcionariado acompañante, co alumnado de filosofía do Cela. O encontro, celebrado o venres 15 de febreiro, forma parte do programa de actividades terapéuticas que o Equipo desenvolve dentro do cárcere con persoas reclusas que tratan a sùa adicción.

martes, 8 de enero de 2019

MUSEO DA EVOLUCIÓN HUMANA E XACEMENTOS DA TRINCHEIRA (BURGOS)

PROGRAMA DA VIAXE

  • Xoves 21 de febreiro: León – Burgos. 
Saída de Padrón ás 8 da mañá facendo algunha breve parada. Chegada e tempo libre para comer e visitar a cidade de Burgos e o seu patrimonio histórico-artístico.
Ás 6 da tarde faremos unha visita guiada do Museo da Evolución Humana.
Tempo libre para cear polo centro da cidade.
Aloxamento no hotel Cordon.

  • Venres 22 de febrero: Atapuerca.
Almorzo no hotel e saída para unha visita guiada ás 10,30 h dos xacementos ao aire libre da Trinchera, na serra de Atapuerca, a 18 quilómetros de Burgos.
Contra as 12:00 h. saída con destino a León, comida no Rte. La Catedral (menú: macarróns, escalope con patacas, postre e bebidas).
Ás 6 da tarde emprenderemos a viaxe de volta a Padrón.