TAREFA 3 XOGUETARÍA



1.ANÁLISE DUN CATÁLOGO DE XOGUETES DENDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO.
TAREFA COLABORATIVA (3 persoas)
  1. Xuntade un grupo de 3 persoas que estean dispostas a traballar en equipo, a repartir as tarefas e a responsabilizarse na realización do traballo asignado. A cualificación individual depende do resultado colectivo.
  2. Tendes que conseguir un catálogo dunha tenda de xoguetes, dunha gran superficie ou hipermercado e sometelo a unha análise crítica segundo a guía que figura no enlace inferior. 
  3. O traballo consiste en liñas xerais en analizar a diferente representación (en seccións, cores, roles asignados aos personaxes que aparecen...) que ofrecen dos produtos en función do xénero ao que vai dirixido. Falamos, pois, de desvelar o sexismo, oculto ou claramente manifesto, neste tipo de produtos publicitarios.
  1. E para a realización do traballo, consultade esta Guía para a elaboración do traballo . Lembrade que o traballo deberá ser presentado en formato dixital, impreso a dobre cara e segundo as orientacións contidas na guía. Debe contar con alomenos estas partes:
    • Presentación do traballo e do grupo e informe sobre o método e reparto de traballo, 
    • Corpo do traballo, onde figuren todas as observacións e interpretacións dos datos debidamente argumentadas e ilustradas (imaxes).
    • Conclusións e valoración crítica.
  2. Informe do reparto de tarefas, problemas, dúbidas... 
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
  1. Presentación do traballo (visualmente atractivo, sen faltas de ortografía nin de expresión, con imaxes ilustrativas e con utilización coherente de estilos de letra, párrafos, numeración...) 2 puntos.
  2. Estruturación correcta do contido (que se ateña á guía en todos os seus puntos) 4 puntos.
  3. Resumo final e conclusións do traballo. 2 puntos.
  4. Valoración persoal ou crítica do traballo realizado e das conclusións do mesmo) 2 puntos.
ELABORACIÓN DUN ENSAIO INDIVIDUAL SOBRE ALGÚNS DOS TEMAS-CONCEPTOS RELACIONADOS CO TRABALLO
TRABALLO INDIVIDUAL 
Suxestión: consumo e capitalismo, estereotipos sexistas, socialización inadvertida, liberade de elección ou manipulación da conduta de compra, educación infantil e sexismo... 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Xa sabedes que o ensaio ten que ter tres partes: unha introdución ou presentación do problema ou tema, un desenvolvemento ou argumentación e, finalmente, un peche ou conclusión. Sabedes tamén que o importante é disfrutar da liberdade de refelxionar e expresar o que pensades.