Dúas interesantes canles de youtubers interesados na divulgación da cultura científica e na crítica das pseudociencias. A gata de Schrödinger e Quantum Fracture.
jueves, 27 de mayo de 2021
lunes, 24 de mayo de 2021
jueves, 6 de mayo de 2021
SENSACIÓN E PERCEPCIÓN
Cal é a diferenza entre a sensación e a percepción?
Etiquetas:
COÑECEMENTO,
SENSACIÓN-PERCEPCIÓN
PERCEPCIÓN E LINGUAXE
Artigo que menciona a relación entre o léxico e a percepción como instrumento de supervivencia
http://www.tendencias21.net/El-lenguaje-condiciona-parcialmente-la-percepcion-visual_a863.html
Percepción cultural del color
Nuestra percepción del color, para mayor confusión, esta teñida de nuestras convenciones culturales y geográficas. Por ejemplo, el Mar negro no es negro sino azul, pero obtuvo su nombre en épocas cuando los colores verde, azul y negro se describían con el mismo nombre. Esto no significa que esa gente no percibiera diferencias entre los colores, sino que simplemente no le daban ninguna relevancia a esa diferencias, porque quizás no precisaran distinguirlos. Uno le pone nombre a las cosas para las cuales hacer distingos es de vital importancia, y culturalmente parece ser que en la vida cotidiana, nombrar colores con precisión no fue nunca algo relevante, excepto para tintoreros y creadores de pigmentos.
Fonte (http://poderososcolores.blogspot.com.es/2010/04/blog-post_3247.html)
VIDEOACTIVIDADE NEUROPUBLICIDADE
VIDEOACTIVIDADE
Logo de ver con atención o seguinte vídeo reflexiona e contesta as seguintes cuestións:
Documentos TV - Consumo: el imperio de los sentidos
Logo de ver con atención o seguinte vídeo reflexiona e contesta as seguintes cuestións:
- De que depende a nosa decisión de compra?
- Somos conscientes ou irracionais cando compramos?
- A que se chama experiencia multisensorial e que ten que ver coa elección de consumo?
- Teñen máis peso as emocións ou as informacións sobre os produtos?
- Estás de acordo na utilización que fan dos coñecementos científicos (psicoloxía, neuroloxía...) os profesionais do marketing e as grandes empresas? Xustifica a resposta.
Documentos TV - Consumo: el imperio de los sentidos
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
ACTIVIDADES FINAIS,
VÍDEOS
A CONSTRUCIÓN SOCIAL DA REALIDADE
Psicópolis: O profesor de psicoloxía social Tomás Morais impartirá unha clase que os seus alumnos nunca esquecerán. A psicoloxía é unha mera escusa para expor algunhas ideas controvertidas sobre o funcionamento da nosa sociedade. O profesor, en interacción continua cos estudantes, despregará unha serie de estratexias que poñerán en dúbida o propio tecido da realidade. Psicópolis é como un fío de Ariadna que nos penetra no enrevesado labirinto do real.
Curtametraxe.
http://menteypsicologia.blogspot.com.es/2013/08/psicologia-social.html
Experimentos de PSICOLOXÍA SOCIAL. A VERDADE GRUPAL.
Curtametraxe.
http://menteypsicologia.blogspot.com.es/2013/08/psicologia-social.html
Experimentos de PSICOLOXÍA SOCIAL. A VERDADE GRUPAL.
Etiquetas:
ACTIVIDADES FINAIS,
COÑECEMENTO,
CRITERIOS DE VERDADE
lunes, 3 de mayo de 2021
Unha película filosófica. DESAFÍO TOTAL, de Paul Verhoeven
Como preámbulo do tema que nos vai ocupar a continuación imos adicar dúas ou tres sesións ao visionado desta maxistral, aínda que violenta, película do director holandés Paul Verhoeven. Para min é unha das miñas favoritas, a pesar de que o protagonista sexa o musculoso Schwarzenegger e de que a longametraxe estea chea de escenas visualmente desagradables.
A cinta, basada nunha novela do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick "Podemos recordalo por vostede ao por maior", é unha declaración de intencións políticas, unha denuncia en toda regra do capitalismo, da súa codicia e do afán de manipular as conciencias a través do control dos medios, mais tamén unha lección de filosofía que fala dun tema clásico na historia da cultura e que trataron despois outras películas do xénero que non son máis que os precedentes dalgún capítulo de Black Mirror, por exemplo. A cuestión de fondo é a imposibilidade de distinguir a realidade da ficción, o soño da vixilia, como diría aló polo século XVII o filósofo racionalista francés, René Descartes.
Etiquetas:
CINE,
COÑECEMENTO,
CRITERIOS DE VERDADE,
FUTURO,
MENTIRA,
SER HUMANO,
VERDADE-REALIDADE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)