jueves, 2 de junio de 2022

PENSAMENTO ANIMAL

  

Conferencia de Carl Safina (TED)

Os animais pensan, razoan.  (artigo) MI

Os animais pensan (video youtube)

Kanzi, o bonobo (youtube)

A intelixencia dos corvos (artigo e vídeos de National Geographic)

Corvos de Nova Caledonia (youtube)

Corvos de Nova Caledonia II (youtube)

Recoñecemento e petición de axuda (golfiño) Vídeo1 / Vídeo2

Estratexias resolutivas en simios artigo blog

Pensamento animal (reseña de libro)

miércoles, 23 de marzo de 2022

IMPLICACIÓNS ÉTICAS, ECONÓMICAS E ECOLÓXICAS DO QUE COMEMOS.

 

Somos o que comemos? Esta é unha pregunta que cada vez ten máis sentido non só dende o punto de vista individual senón colectivo. A progresiva urbanización, o crecemento demográfico e a globalización planetaria están a xenerar problemas locais e planetarios fronte aos cales debemos ter conciencia e debemos idear alternativas. A alimentación humana é tamén hoxe unha cuestión que non podemos pasar por alto polas repercusións que ten sobre a nosa saúde, a das demais especies e sobre o planeta. A implementación pedagóxica desta reflexión pode ser favorecida pola súa actualidade mediática (macrogranxas, Lei de benestar e protección animal), conectando dese xeito a escola coa sociedade.

O debate que hoxe comezamos arredor das dietas e da diversidade de formas de vida que subxacen a elas é unha actividade colaborativa que comezou de modo individual, tras a lectura dos ensaios sobre a cuestión das relacións entre o ser humano e as demais especies que o alumnado de bacharelato fixo na aula en dúas sesións e continuou máis tarde con outra tarefa, tamén individual, que consistíu nun informe sobre a cuestión da diversidade das dietas e as implicacións que estas poden ter na economía, na ecoloxía e no trato dos animais non humanos.


Do que se trata é de dar pulo ao pensamento crítico a partir do enfrontamento dialéctico de dous grupos, cada un dos cales deberá elaborar un argumentario común a partir dos seus informes individuais e servir de apoio á persoa que o grupo elixe como portavoz.


Nesta primeira sesión, os grupos puideron facer o seu primeiro achegamento á dinámica de escoita activa e de apoio argumental. Esta primeira toma de contacto foi magnífica e a súa valoración moi positiva entre o alumnado.



martes, 15 de febrero de 2022

ENSAIO MENSUAL: ANIMAIS E HUMANOS / ANIMAIS HUMANOS


A relación que establecemos o seres humanos cos demais animais variou ao longo da historia, pero en xeral foi sempre unha relación de dominio. Os animais humanos desenvolvemos as nosas características singulares nun contexto natural que nos forzou a desenvolver a intelixencia e as ferramentas como recursos para a supervivencia. Esa facultade de pensar dun modo abstracto e de fabricar útiles cada vez máis sofisticados foi unha das causas da nosa autoimaxe como especie privilexiada e, por tanto, con poder de poñer ao noso servizo todo o vivinte.

Na actualidade a forma antropocéntrica de pensar e de relacionarnos coas demais especies está a replantexarse nalgunhas persoas e iso maniféstase en moitos aspectos en debates tales como o dos dereitos dos animais, o cambio de dieta, a conservación dos ecosistemas e o cambio de modo de vida...


Expresións pexorativas: eres un animal, eres un burro, una mona, unha víbora, eres un porco, unha porca, peor ca un can, é unha cadela, é unha besta


Que opinades sobre a suposta superioridade humana? Implica esa superioridade algunha xustificación de dominio? Ese dominio pode ser absoluto ou restrinxido? É o dominio restrinxido algo contraditorio? Só para algunhas especies? Só para determinadas cousas nalgunhas especies?


Teñen os animais algún dereito? Todos ou só algúns? É digno o trato dos animais dirixido ao consumo de carne industrial? Cales son as consecuencias ecolóxicas do consumo industrial de carne? Que outras alternativas pode haber a esta? Que Credes viable ese cambio? Que obstáculos pode ter ese cambio de orientación nas relacións?


domingo, 9 de enero de 2022

PREMIO DE ENSAIO 25 N

 Engado o enlace para que poidades acceder á galería de imaxes dos Premios de creación 25N contra a violencia machista. Canto á categoría de ensaio, os ensaios premiados polo xurado, formado por alumnos a alumnas de segundo de bacharelato, tiveron como autores a Samuel Paz e David García, primeiro e segundo premio, respectivamente. O xurado final seleccionou estas dúas creacións logo da lectura que os finalistas fixeron no salón de actos e trala elección que vos mesmos fixestes dos oito finalistas. O

Parabéns para os premiados e para todo o alumnado en xeral de primeiro de bacharelato polo esforzo que mensualmente facedes para enfiar as vosas reflexións e por compartilas na aula. Sei que non é doado, pero considero que é algo máis ca un simple exercicio académico. A sesión de lectura pública é unha ocasión para o encontro coa vosa voz íntima e o sentir de todos e cada un ou unha de nós que abre espazos para a experiencia filosófica e humana e que seguramente está a deixar pegada. 

Que siga a fluir esta palabra en liberdade.

O vídeo non é unha marabilla, xa sei, pero deixa constancia, digo eu.



AULA GALERÍA. ESTÉTICA E CREACIÓN NA AULA DE FILOSOFÍA

Aquí podes acceder ás galerías de imaxes dos proxectos desenvolvidos na aula de filosofía e/ou no Recuncho violeta do noso centro que tiveron como denominador común a creación artística, a reflexión sobre a arte e o contacto coa obra de persoas da contorna que se adican a cultivar esta singular, interesante e sempre misteriosa actividade humana:

Visita ao Museo do Gravado de Artes, Ribeira

Exposición de fotografía de Merce Ares

Héctor-Balam. Encontro co alumno artista na aula.

Exposición de fotografía e pintura de Lara Blanco

Obradoiro de performance (Ana Gesto) 6 sesións Vídeo 

Performance colectiva 54x54 contra a violencia machista en Padrón (Ana Gesto) Vídeo

Obradoiro de land art (Camilo Seira) 1 sesión teórica / 2 sesións na finca do Cadavid

A experiencia estética: o proceso creativo (Camilo Seira)

Intervencións no cuarto de filo (CGAC)

Exposición de fotografía de Lucía Costa (alumna de 4º ESO)

Premios 25N de creación contra a violencia machista. Ensaio. Vídeo