martes, 23 de noviembre de 2021

TAREFA RECUPERACIÓN


A través do seguinte enlace as persoas que non superaron a proba de contidos realizada a semana pasada poderán optar pola realización dunha tarefa alternativa. Deberedes escoller unha das dúas opcións que se ofrecen no seguinte documento

Elixe unha das seguintes tarefas.

Tarefa 1. A XENEALOXÍA DA NOSA ESPECIE. Utiliza o panel de abaixo como referencia para editar unha presentación de diapostivas que sirva como apoio para a túa exposición oral. Debe ser visualmente atractiva e, no entanto, recoller toda a información estritamente básica.


Tarefa 2. SOCIALIZACIÓN INADVERTIDA: OS ESTEREOTIPOS. Elixe 2 imaxes publicitarias da seguinte presentación, obsérvaas detidamente, descríbeas con detalle e interpreta a súa mensaxe explícita ou encuberta poñendoa en relación co título da tarefa.

miércoles, 10 de noviembre de 2021

CONVERSA CO POETA E DESEÑADOR PEDRO LARA

A pesar de todas as circunstancias desfavorable, todas técnicas, puidemos tirar adiante, malia todo, o primeiro ciclo de conversas co poeta e deseñador madrileño Pedro Lara, con quen tivemos xa o curso pasado unha excelente e produtiva experiencia.

Esta primeira charla distentida foi o complemento dunha actividade mensual consistente na redacción dun ensaio orixinal arredor dun tema. E este mes foi A LOUCURA o lema que serviu de nexo para a lectura pública na aula das producións persoais nas súas variadas acepcións e manifestacións. Neste senso, o contacto cunha persoa, sensible, culta e cunha longa experiencia de sufrimento e empoderamento, ten unhas grandes posibilidades educativas para achegármonos a unha nova conceptualización deste tipo de trastornos psicoemocionais, esvaer os estereotipos e estigmas psicosociais asociados, os seus posibles factores desencadeantes (estresores), os modos diferentes de terapia, o descubrimento de nichos profesionais moitas veces invisibles que fan posible o renacemento psíquico das persoas e a súa integración laboral e social... e a problemática do acoso escolar, ámbito no que Pedro é un activista.

Imos continuar co visionado dunha reportaxe televisiva ESO NO SE PREGUNTA, adicado á ENFERMIDADE MENTAL, moi interesante como prólogo á segunda sesión.