Mensualmente deberedes elaborar unha redacción persoal sobre os temas ou pistas temáticas que se relacionan máis abaixo. Penso que a mellor maneira de achegarse á filosofía é tomando contacto coa historia do pensamento (occidental) en pequenas doses, claro está, pero tamén exercitando o voso pensamento crítico e a vosa redacción. Hai lugar, como non, para o humor, a ironía e incluso a sátira. Non vos cortedes, expresade as vosas reflexións con sinceridade e valentía, mais, iso si, procurando falcelo con respecto. Esta é a norma fundamental deste xogo compartido. Digo compartido porque as vosas creacións serán lidas diante do grupo e tamén valoradas en función duns criterios mínimos que se recollen nunha táboa que se engade tamén a continuación.
Formato de entrega:
- Os textos deberán ser editados en formato dixital e gardados nunha carpeta persoal.
- O tamaño de letra non pode ser superior a 12 ppp
- Para a lectura pública deberán ser impresos e entregados posteriormente ao profesorado.
ENSAIO PREMIO LITERARIO 25 N
Como ben sabedes, o 25N é unha data onde se tenta sensibilizar e visibilizar un problema de fonda significación social, moral, e política. As cifras de vítimas de violencia seguen a medrar a pesar da persistente loita pola igualdade que as mulleres están a protagonizar nas últimas décadas. Hai datos para a alegría que perviven con outros para a desesperanza. A cuestión ten moitos matices e implicacións que dificultan a súa comprensión e que fan difícil a erradicación da violencia e do machismo que a sostén.
Como modo de chamar a atención sobre este problema e tratar de averiguar cales son as súas causas, as ideas sobre as que se sostén, as persoas ou institucións que a perpetúan, as implicadas, as responsables, as prexudicadas ou, por contra, beneficiadas... convócovos a reflexionar e escribir con toda liberdade. Tenta expresar a túa singular visión sobre este tema ou sobre algún aspecto relacionado con el. Escoitarémolo con moito interese e se resultas seleccionado poderás optar á fase final e, por tanto, ao I Premio Literario convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca do noso centro. Adiante.
Criterios para a súa avaliación:
CONTIDO | 1 ou 0 |
A composición resultou interesante para a audiencia e foi orixinal. |
|
Tivo profundidade psicolóxica ou humor intelixente. |
|
A exposición foi clara e sigueu unha orde lóxica. (presentación, tratamento, peche) |
|
LINGUAXE |
|
Usouse unha linguaxe correcta e clara. |
|
O volumen de voz foi o adecuado. |
|
A velocidade foi adecuada. |
|
Os xestos e a postura corporal foron os adecuados. |
|
Estableceuse contacto visual coa audiencia. |
|
Usáronse apoios gráficos durante a exposición. |
|
usáronse recursos para chamar la atención da audiencia (cambios de ton, preguntas, repeticións…) |
|
PUNTUACIÓN TOTAL |
|