TAREFA 2. M.C.

ELABORACIÓN DE MAPAS CONCEPTUAIS. 
Data de entrega: VENRES 17 DE DECEMBRO
Impresión dixital (non color)

A tarefa consiste na realización dun mapa conceptual baixo o tema A XENEALOXÍA DA NOSA ESPECIE que será entregado en fromato impreso.
Podedes utilizar como referencia os seguintes recursos:

QUE É UN MAPA CONCEPTUAL?
A finalidade desta ferramenta de estudo é a de ordenar graficamente e por orden de importancia os conceptos ou ideas dun tema ou dun texto e integralos a través dunha relación xerárquica entre eles.

PROCEDIMENTO:
1. Trátase de compoñer enunciados a través da conexión entre os conceptos ou ideas dun texto ou dun tema.
2. Le con atención o texto. Subraia os conceptos que che parezan máis importantes .
3. Fai un borrador gráfico para representar a relación entre os conceptos.
Cada concepto debe figurar nunha cela (rectángulo ou óvalo). Os conceptos non poden repetirse.
As celas que conteñen conceptos únense mediante liñas con conectores (enlaces). As liñas que unen as celas teñen que ter algún texto que as conecte. Por exemplo: divídese en, clasifícase en, están enfrontados, é un...
Os conceptos deben ordenarse segundo unha xerarquía: os conceptos máis xerais arriba e os menos importantes abaixo.
Unha vez que estean feitos os dous mapas conceptuais tentade derivar ámbolos dous dun concepto común superior. Podedes axudarvos do índice dos apuntamentos.

EXEMPLOS SINXELOS (preme aquí)
SOFTWARE para realizar mapas mentais ou conceptuais:
  1. CMAPS (descarga gratuíta do mellor programa de creación de mapas conceptuais) + videotitorial
  2. Bubbl-us (on line) + videotitorial

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 
Á hora de avaliar e cualificar a tarefa terei en conta os seguintes aspectos:
  1. A presentación formal (que o mapa presente unha ordenación que sexa visualmente atractiva, que tanto as celas como os conectores estean formalmente ben construídos e que non haxa faltas de ortografía). 2/5 puntos.
  2. O contido. Que se recollan os datos básicos e que sexan ordeados xerarquicamente (de máis a menos importancia) a través dos conectores . Valorarse excepcionalmente a existencia de conexións cruzadas (entre conceptos que non están no mesmo nivel e columna).  3/5 puntos.