A través deste bloque inciaraste dun modo práctico no fenómeno da socialización e co papel que nela teñen os medios de comunicación de masas, entre os que están a internet, as redes sociais e en particular xs INFLUENCERS.
Deberás realizar unha serie de tarefas preliminares
- ATIVIDADE 1. Un resumo e a túa valoración persoal sobre os apuntamentos.
- ACTIVIDADE 2 . Un mapa conceptual sobre un texto sobre Influencers e redes.
- ACTIVIDADE 3. Participación no foro. Dá a túa opinión persoal.
E unha TAREFA FINAL, que consistirá na edición dunha presentación de diapositivas sobre un influencer da túa predilección.
Lembra sempre que tes o foro para plantexar calquera dúbida ou consulta. Estarei á túa disposición.
Lectura do artigo: A cara oculta dos influencers
Cal será o contido da túa presentación?
Elixe un/unha influencer da túa rede social habitual, calquera, o/a que máis che guste, sexan de roupa, estética, deporte, videoxogos (gamer, gamer de gameplays ou gamer influencer) ou calquera outra actividade que ocupe o teu tempo libre.
No arquivo que se adxunta embaixo figura a guía orientativa que podes seguir para a elaboración da presentación oral que farás na aula diante do grupo de clase. Lembra tamén que podes incluir algún fragmento de vídeo.