TAREFA 5.UNIVERSO DISNEY

A tarefa que vos propoño é a elaboración dun traballo cooperativo sobre a análise crítica dos estereotipos e o impacto que teñen na conformación das identidades sexuais, da transmisión ou socialización inadvertida en roles de marcado carácter sexista.
O traballo de investigación deberá ser elaborado utilizando as ferramentas dixitais para compartir información (google drive) e entregado en formato dixital impreso aténdovos ás indicacións que figuran na guía (Recursos indispensables) e nos indicadores que destaco na sección Avaliación.

Acceso ás instrucións, recursos e criterios de avaliación (pdf)

Recursos complementarios:

  • E continuamos con outro clip onde se pasa revista á imaxe sexista e violenta dos roles masculinos e a súa vinculación coa dominación  social sobre a muller.

Disney - estereotipos de género from Itzel Rodriguez Rosales on Vimeo.
  • Velaquí tamén un vídeo de dez minutos feito como traballo de clase titulado O sexismo en Disney.