Descubrir que tras as paredes do cárcere e dos ecos estereotipados que escoitamos a través dos medios se agochan seres humanos sensibles e intelixentes que, tras unha azarosa e autodestrutiva vida, deciden valentemente poñer rumbo ás súas vidas é unha das experiencias máis instrutivas e singularmente humanas que podemos disfrutar no eido escolar.
Nesta ocasión, xusto antes do remate do primeiro trimestre, persoas reclusas e funcionariado acompañante, o alumnado de primeiro de bacharelato e un reducido grupo de segundo ( Psicoloxía) asistiron a este encontro que se prolongou durante máis de dúas horas e cuxos protagonistas foron Emilio, Pedro, Bienve e Diego. A súa singular e emocionada testemuña foi complementada coa experiencia profesional do funcionariado acompañante. Esta actividade é, sen lugar a dúbidas, a que máis expectación crea e a que máis reflexións e emocións suscita.