Amira Hass é unha xornalista israelí e xudía que escribe sobre os palestinos que viven nos campos de refuxiados, sobre as restricións ao movemento ou a importación de alimentos nos territorios palestinos e sobre os atacantes suicidas e as súas familias.
Enlace para a elaboración dunha tarefa voluntaria
Un día de setembro de 1997, tres mozos palestinos inmoláronse nunha concorrida rúa do centro de Xerusalén. No ataque kamikaze morreron cinco israelís, incluíndo tres nenas de 14 anos. Elhanan era a nai dunha delas e a partir dese momento decidiu transformar a súa dor en activismo.
AMIRA HASS, UNHA ISRAELÍ ENTRE PALESTINOS
O medio para o que escribe Amira é Haaretz, trátase do xornal israelí máis liberal nun país que virou fortemente á dereita, onde quen non comulgan coa liña dominante de opinión sobre temas como a seguridade ou as colonias en terras palestinas son tachados de antipatrióticos. Esta xornalista realiza reportaxes de denuncia social.
Noticias israelís para palestinos nas que mostra unha realidade que poucos se atreven a ver. Aínda que moitos israelís detéstana, e a pesar de que foi arrestada en varias ocasións, Hass tamén é unha muller respectada por altos cargos políticos debido ao labor profesional que desempeña: non só conta as desgrazas que ocorren senón que as vive para poder contalas en primeira persoa. Amira Hass foi galardoada co premio UNESCO á Liberdade de Prensa.
NURIT PELED-ELHANAN E A UNIÓN DAS FAMILIAS AFRIXIDAS
Esta israelí creou o Foro de Familias Afligidas, que agrupa a máis de 500 familias israelís, palestinas, xudías, musulmás, laicas e ortodoxas que cren que a represión non é unha resposta adecuada á violencia e loitan pola paz nos Territorios Palestinos.
A súa inciciativa implica inculcar o respecto por todas as culturas e impedir que a dor polas mortes causadas por atentados convértase en razón de inimizade. Por iso, este grupo de pais e nais organizan seminarios e charlas para concienciar á poboación. Lograron crear incluso unha emisora de radio e un programa de televisión nos que contan historias reais vividas polos membros do Foro.
“Cremos que a maternidade, a paternidade e o desexo de salvar aos nenos que están vivos son os únicos denominadores comúns que van máis aló da nacionalidade, a raza e a relixión”, escribiu Nurit no seu ensaio Os pais afligidos pola paz.