miércoles, 28 de octubre de 2020

TAREFA NA AULA VIRTUAL. ELABORACIÓN DUN MAPA CONCEPTUAL

A tarefa consiste na realización dun mapa conceptual sobre un texto que se adxunta ao final. 

QUE É UN MAPA CONCEPTUAL?
A finalidade desta ferramenta de estudo é a de ordenar graficamente e por orden de importancia os conceptos ou ideas dun tema ou dun texto e integralos a través dunha relación xerárquica entre eles.

EXEMPLOS SINXELOS (preme aquí)


QUE PASOS SEGUIR PARA FACER UN MAPA CONCEPTUAL?
1. Trátase de compoñer enunciados a través da conexión entre os conceptos ou ideas dun texto ou dun tema.
2. Le con atención o texto. Subraia os conceptos que che parezan máis importantes .
3. Fai un borrador gráfico para representar a relación entre os conceptos.
Cada concepto debe figurar nunha cela (rectángulo ou óvalo). Os conceptos non poden repetirse.
As celas que conteñen conceptos únense mediante liñas con conectores (enlaces). As liñas que unen as celas teñen que ter algún texto que as conecte. Por exemplo: divídese en, clasifícase en, están enfrontados, é un...
Os conceptos deben ordenarse segundo unha xerarquía: os conceptos máis xerais arriba e os menos importantes abaixo.
Unha vez que estean feitos os dous mapas conceptuais tentade derivar ámbolos dous dun concepto común superior. Podedes axudarvos do índice dos apuntamentos.

QUE RECURSOS DE SOFTWARE podes utilizarpara realizar mapas conceptuais:

  1. CANVA.COM (unha atractiva e potente aplicación online para facer infografías moi variadas, con moitos recursos á disposición do usuario libre. O inconvinte é que hai que rexistrarste)
  2. Bubbl-us (on line) + videotitorial
  3. CMAPS (descarga gratuíta do mellor programa de creación de mapas conceptuais) + videotitorial
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 

Á hora de avaliar e cualificar a tarefa terei en conta os seguintes aspectos:

  1. A presentación formal (que o mapa presente unha ordenación que sexa visualmente atractiva, que tanto as celas como os conectores estean formalmente ben construídos e que non haxa faltas de ortografía). 2/5 puntos.
  2. O contido. Que se recollan os conceptos fundamentais do texto e que se ordenen xerarquicamente (de máis a menos importancia) a través dos conectores . Valorarse excepcionalmente a existencia de conexións cruzadas (entre conceptos que non están no mesmo nivel e columna).  3/5 puntos.