lunes, 23 de septiembre de 2019
A MEMORIA SUMERXIDA
Documental sobre a inmigración cara España e as súas tráxicas consecuencias. Fundamentación ética e política das estratexias migratorias europeas.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
ACTUALIDADE,
APOROFORIA,
COÑECEMENTO,
ÉTICA-POLÍTICA,
INMIGRACIÓN,
VÍDEOS
martes, 17 de septiembre de 2019
ENSAIOS FILOSÓFICOS
Quincenalmente deberedes elaborar unha redacción persoal sobre os temas
ou pistas temáticas que se relacionan máis abaixo. Penso que a mellor
maneira de achegarse á filosofía é tomando contacto coa historia do
pensamento (occidental) en pequenas doses, claro está, pero tamén
exercitando o voso pensamento crítico e a vosa redacción. Hai lugar,
como non, para o humor, a ironía e incluso a sátira. Non vos cortedes,
expresade as vosas reflexións con sinceridade e valentía, mais, iso si,
procurando falcelo con respecto. Esta é a norma fundamental deste xogo
compartido. Digo compartido porque as vosas creacións serán lidas diante
do grupo e tamén valoradas en función duns criterios mínimos que se
recollen nunha táboa que se engade tamén a continuación.
Formato de entrega:
Criterios para a súa avaliación:
Formato de entrega:
- Os textos deberán ser editados en formato dixital e gardados nunha carpeta persoal.
- O tamaño de letra non pode ser superior a 12 ppp
- Para a lectura pública deberán ser impresos e entregados posteriormente ao profesorado.
Pistas temáticas e cronoloxía:
DATA DE ENTREGA
|
TEMA
|
OBSERVACIÓNS
|
VENRES, 20
de setembro
|
HAI DEUS OU NON HAI NADA?
OS MEDOS |
|
15 de outubro
|
QUEN SON? QUEN SEREI?
|
|
de outubro
| POR QUE? | enlace web |
1 de novembro
|
OS MEDOS
HAI DEUS OU NON HAI NADA? |
Enlace
a un artigo xornalístico
|
15 de novembro
|
EU, O GRUPO, A TRIBO
|
O poder do grupo
|
29 de novembro
|
O PORQUÉ DO POR QUE
|
|
13 de decembro
|
MUNDO FAKE?
|
Enlace
a un artigo xornalístico
|
Criterios para a súa avaliación:
CONTIDO
|
1 ou 0
|
A composición resultou interesante para
a audiencia e foi orixinal.
|
|
Tivo
profundidade psicolóxica
|
|
A exposición foi clara e sigueu unha
orde lóxica. (presentación, tratamento, peche)
|
|
LINGUAXE
|
|
Usouse unha linguaxe correcta e clara.
|
|
O volumen de voz foi o adecuado.
|
|
A velocidade foi adecuada.
|
|
Os xestos e a postura corporal foron os
adecuados.
|
|
Estableceuse contacto visual coa
audiencia.
|
|
Usáronse apoios gráficos durante a
exposición.
|
|
usáronse recursos para chamar la
atención da audiencia (cambios de ton, preguntas, repeticións…)
|
|
PUNTUACIÓN
TOTAL
|
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
ACTIVIDADES 19-20
miércoles, 19 de junio de 2019
A EXPERIENCIA ESTÉTICA: O PROCESO CREATIVO
Hoxe, na aula de filosofía, tivemos un convidado especial. Chámase Camilo Seira e vive en Rois.
Camilo
foi alumno do noso centro antes de formarse como artista, primeiro na
Escola de Artes Aplicadas Mestre Mateo de Santiago e logo na Facultade
de Belas Artes de Pontevedra. Vive da escultura, o cal quere dicir que,
aparte da súa intelixencia e sensibilidade, debe posuir unha rexa
vontade, un pulo vocacional que xustifique esta actitude arriscada de
vivir da cración artística hoxendía en Galicia.
Veu a conversar connosco sobre cuestións intimamente relacionadas coa
experiencia estética e os procesos creativos, como xurden, como se
materializan, como se distribúen... Trouxo con el unha morea de blocs
para que puidéramos consultar os seus cadernos de bitácora. Dixo que era
artista as vintecatro horas do día, ás veces quitándolle ao sono. E
tamén nos achegou unha peza en madeira para que puidéramos comprender os
seus rasgos formais e comunicativos. Unha clase de arte que soubo a
pouco, a verdade.
O balanzo desta experiencia piloto foi moi positivo e posiblemente esta sexa o prólogo dun proxecto que habemos desenvolver o curso vindeiro e que tentará implicar ás persoas artistas da comarca.
Etiquetas:
AULA GALERÍA,
ESTÉTICA,
O PROCESO CREATIVO
martes, 28 de mayo de 2019
domingo, 7 de abril de 2019
EXTRA, EXTRA
Menores en riesgo de convertirse en adictos
Uno de cada diez gallegos entre 12 y 18 años que juega diariamente a videojuegos presenta síntomas de adicción. Lo afirma un estudio de Psicoloxía de la USC
Titular de La Voz de Galicia, 7 de abril de 2019
Etiquetas:
ADICCIÓNS,
ADOLESCENCIA,
LUDOPATÍA
lunes, 25 de febrero de 2019
VISITA AO MUSEO DA EVOLUCIÓN E XACEMENTOS DE ATAPUERCA
Durante os días 21 e 22 de febreiro estivemos de viaxe. Case todo o alumnado de Primeiro de bacharelato tivo a oportunidade de visitar o Museo da Evolución Humana de Burgos e os xacementos paleoantropolóxicos da Trincheira, na Serra de Atapuerca. Neste enclave, hoxe Patrimonio Mundial da Humanidade, puidemos tomar contacto coa complexa tarefa de investigación das nosas orixes, cos seus achádegos máis importantes e cos seus métodos de investigación. A Serra de Atapuerca foi durante miles de anos un ecosistema onde viviron diferentes especies de humanos que conforman a nosa parentela máis remota: Homo antecessor, Homo Heildelberguensis, Homo Neanderthalis e Homo Sapiens viviron aquí e deixaron pegadas que hoxe a ciencia paleoantropolóxica quere desentrañar.
Etiquetas:
ACTIVIDADES 18-19,
EVOLUCION
domingo, 17 de febrero de 2019
Etiquetas:
ACTIVIDADES 18-19,
CHARLAS,
FOTOS
martes, 8 de enero de 2019
MUSEO DA EVOLUCIÓN HUMANA E XACEMENTOS DA TRINCHEIRA (BURGOS)
PROGRAMA DA VIAXE
Ás 6 da tarde faremos unha visita guiada do Museo da Evolución Humana.
Tempo libre para cear polo centro da cidade.
Aloxamento no hotel Cordon.
Contra as 12:00 h. saída con destino a León, comida no Rte. La Catedral (menú: macarróns, escalope con patacas, postre e bebidas).
Ás 6 da tarde emprenderemos a viaxe de volta a Padrón.
- Xoves 21 de febreiro: León – Burgos.
Ás 6 da tarde faremos unha visita guiada do Museo da Evolución Humana.
Tempo libre para cear polo centro da cidade.
Aloxamento no hotel Cordon.
- Venres 22 de febrero: Atapuerca.
Contra as 12:00 h. saída con destino a León, comida no Rte. La Catedral (menú: macarróns, escalope con patacas, postre e bebidas).
Ás 6 da tarde emprenderemos a viaxe de volta a Padrón.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
EVOLUCION,
HOMINIZACION,
VIAXE
martes, 4 de diciembre de 2018
JANE GOODALL, UNHA VIDA ADICADA Á INVESTIGACIÓN E PROTECCIÓN DOS CHIMPANCÉS
VER PELÍCULA "JANE GOODALL" de National Geographic.
https://www.documaniatv.com/biografias/jane-goodall-video_888f9eb5c.html
sábado, 24 de noviembre de 2018
lunes, 12 de noviembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





